Lugo lembrará a Alexandre Bóveda este luns cun acto no Vello Cárcere

LugoXa
O acto coincide co aniversario do seu asasinato e pretende lembrar a figura de Bóveda e o seu compromiso con Galicia e coa defensa das liberdades
edificio-O-Vello-Cárcere-Lugo-portada
15 Aug 2026

O Concello de Lugo volverá render homenaxe a Alexandre Bóveda o vindeiro 17 de agosto, coincidindo co aniversario do seu asasinato. O acto desenvolverase ás 12.00 horas no Vello Cárcere de Lugo e estará aberto á participación de toda a cidadanía.

A iniciativa pretende lembrar a figura de Bóveda e o seu compromiso con Galicia e coa defensa das liberdades. A través desta homenaxe, o Concello tamén quere manter presente a memoria das persoas que sufriron a represión durante a ditadura pola defensa das súas ideas democráticas.

O Concello anima á veciñanza lucense a asistir ao acto e acompañar esta lembranza, coa finalidade de contribuír a manter viva a memoria de Alexandre Bóveda e das persoas represaliadas.

0.12361001968384