Lugo Monumental advirte de falta de seguridade nas obras do centro

LugoXa
Lugo Monumental advirte "dos perigos" que están a supoñer as "deficientes medidas de seguridade" das obras do centro histórico.
FALTA SEGURIDADE OBRAS CENTRO LUGO 1
FALTA SEGURIDADE OBRAS CENTRO LUGO 1
8 Xul 2023

Lugo Monumental advirte "dos perigos" que están a supoñer as "deficientes medidas de seguridade" das obras do centro histórico.

Segundo aseugran foron varias persoas as que xa tiveron contratempos cos chamados “ollos de gato” que sinalizan o paso de vehículos, destacando unha persoa que rompeu o húmero e que ten o seu negocio pechado desde ese momento. Onte houbo outra caída nesa mesma rúa.

"É moi preocupante a falta de medidas de seguridade que hai na Praza do Ferrol, onde en ocasións os peóns han de baixar á calzada sen que haxa sinalización ou baliza algunha que os separe dos vehículos", explican.

A Asociación considera que "se non pasou nada máis grave foi por pura sorte, porque a maioría dos condutores son prudentes (non todos, polo que Lugo Monumental pide que se poñan bandas redutoras de velocidade) e pola enorme baixada de afluencia ao centro histórico, algo que para o goberno parece ser positivo cando realmente está a influír negativamente nos negocios do centro".

Explican que a concelleira Paula Alvarellos, no debate convocado por Onda Cero ao que só asistiu para dar o seu punto de vista (non quedou a intercambiar opinións cos demais participantes) dixo que os lucenses estaban “a filtrar” o tráfico ao centro histórico e que por iso non había problemas en Rúa Nova.

"Compartimos coa concelleira que os problemas son menos dos que nos esperabamos e que desde Lugo Monumental temiámonos un caos que non se produciu, pero non porque se organizou ben a situación senón porque caeu enormemente a afluenza de público á zona, o que está a danar gravemente a economía dos locais do recinto amurallado, algo que se podería evitar dando entrada e saída por San Fernando como propuxo esta asociación", conclúen.

FALTA SEGURIDADE OBRAS CENTRO LUGO 2
0.19902491569519