Lugo Monumental instalará unha pantalla xigante para seguir a semifinal entre España e Francia

A Asociación Lugo Monumental convida á veciñanza a seguir este martes, 14 de xullo, a semifinal do Mundial de Fútbol 2026 entre España e Francia a través dunha pantalla xigante que se instalará na Praza de Santa María. O encontro comezará ás 21.00 horas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
A iniciativa está financiada polos 41 empresarios asociados de Lugo Monumental e conta coa colaboración do Concello de Lugo. O obxectivo é ofrecer un espazo no que afeccionados e visitantes poidan vivir de maneira conxunta un dos partidos máis importantes do campionato.
Desde a asociación avanzan que, no caso de que a selección española consiga o pase á final, volverán instalar a pantalla xigante o 19 de xullo para retransmitir o último encontro do torneo e compartir coa cidadanía a posible conquista dun novo título mundial.