Lugo mostra o seu pesar polo asasinato de Cristina Cabo

LugoXa
Unha concentración onte ás 20.00 diante do concello reuniu a centros de persoas para recordar a recentemente asasianda Cristina Cabo
Mobilizacion Cristina Cabo
Mobilizacion Cristina Cabo
2 Dec 2022

A cidadania de Lugo concentrouse onte diante do Concello para mostrar o seu pesar polo recente asesinato de Cristina Cabo Buján. Convocada pola Plataforma Feminista de Lugo ás 20.00 a mobilización acolleu a centenares de persoas e diferentes representantes políticos que mostraron a súa repulsa ante o asasinato desta lucense de 42 anos.

A alcaldesa de Lugo foi contundente nas súas declaracións: “Debemos manternos firmes como sociedade e non dar nin un paso atrás na loita contra a violencia machista”, sostivo.  “As mulleres somos libres e debemos de poder exercer a nosa liberdade sen medo, e para iso, debemos ser contundentes e actuar contra todo tipo de violencias machistas desde todos os ámbitos, desde a educación e a concienciación social, coa lexislación na man e coas forzas de seguridade”. “O foco, non o esquezamos nunca, son os que nos asasinan”, incidiu.

Os asistentes gardaron un minuto de silencio tras a lectura dun texto en recordo da vítima, moi querida na cidade.

0.21041202545166