Lugo mostrou o seu apoio aos afectados polo accidente do tren de Toledo cun minuto de silencio

LugoXa
O Concello modifica o pleno deste xoves tras declarar o loito oficial: manterá as votacións dos asuntos económicos e executivos e aprazará as proposicións, os rogos e as preguntas
Minuto-de-Silencio-accidente-tren-Lugo
29 Oct 2026

O Concello de Lugo gardou este mércores, 28 de outubro, un minuto de silencio diante da Casa Consistorial en sinal de respecto e solidariedade coas persoas afectadas polo accidente ferroviario ocorrido en Toledo.

A mostra de condolencia estivo marcada pola declaración de loito oficial decretada tras o sinistro. Neste contexto, o Concello convocou esta tarde unha Xunta de Voceiros, celebrada despois da homenaxe ás vítimas, para acordar como se desenvolverá o pleno ordinario previsto para este venres ás 10:00 horas.

Tras a reunión, decidiuse manter as votacións dos asuntos relativos á parte económica e executiva dos expedientes incluídos na orde do día. Pola contra, as proposicións e a formulación de rogos e preguntas quedarán aprazadas para o seguinte pleno ordinario.

0.13803482055664