Lugo ofrece unha programación de ocio deportivo en verán
Baile moderno e reggaeton, hip hop, introdución á calistenia e tamén ao skate, entre outras. Estas son algunhas das actividades que se poderán levar a cabo en Lugo no vindeiro mes de agosto, para que a mocidade goce e aprenda novos deportes acuáticos e terrestres.
Durante todo o mes de agosto a rapazada de entre 12 e 30 anos poderá desfrutar de estas modalidades deportivas así como de moitas outras accións novidosas organizadas para dinamizar o seu ocio dunha forma divertida pero tamén saudable.
As actividades realizaranse en diferentes escenarios da cidade, na súa maior parte ao aire libre -excepto escalada que se realizará no rocódromo de Lugo- para aproveitar a tempada de verán, así coma para unha maior seguridade a causa da actual situación sanitaria. Por outra banda, non é preciso contar con experiencia ou con algunha aprendizaxe, pódese ir ás clases partindo de cero.
Ademais, hai que sinalar que no baile os monitores realizarán coreografías exclusivas para cada actividade. No street workout ou calistenia as sesións dividiranse en parte física, acondicionamento muscular e parte técnica en barra e, para o Skate, escolleuse un nivel adaptado a todas as persoas usuarias que comprende unha parte inicial técnica, con movementos no chan e no foso e, outra segunda dedicada a correcións e axudas.
Así mesmo, todas as actividades son gratuítas e adicadas á mocidade para disfrutar dun verán entretido e ameno, cunha ampla variedade deportiva.
Programa
A praza da Milagrosa acollerá o martes 3 de agosto clases de Hip Hip para todos e para todas. Así pois, as clases serán de 11 a 12.30 horas pola mañá e de 19 a 21.30 horas pola tarde.
O martes 10 de agosto realizarase será o turno de introdución á calistenia, no parque Rosalía de Castro. Os horarios, ao igual que as clases de Hip Hip serán pola mañá e pola tarde. O seguinte martes, o 17 de agosto, será o turno das clases de baile moderno e reggeaton, que se realizará na praza de Augas Férreas e que contará tamén con horario de mañá e de tarde.
O martes 24 de agosto, serán as clases de iniciación ó skate que se realizarán nas novas instalacións que se atopan nas Termas. Estas, tan só serán en horario de mañá. En canto ao 22 de agosto, realizaranse dúas actividades, por un lado sendeirismo e polo outro kayak. Na primeira, realizarase unha ruta pola Pontenova e por San Tirso de Abres e, na segunda, realizarase o descenso do río Abres.
En escalada, haberá clases dende o 5 ao 20 de agosto no rocódromo de Lugo onde se comezará coñecendo este deporte.
En canto ás actividades acuáticas, tamén se realizarán en diferentes días e en diferentes escenarios. O 14 de agosto, será o turno do rafting no descenso do río Miño Cerquelios - Barcela onde é imprescindible saber nadar. No caso do paddle surf, será os luns, os mércores e os venres do mes de agosto, de 11.30 a 12.30 horas e de 12.30 a 13.30 horas, na escola de piragüismo. Finalmente, tamén no mesmo lugar, poderase disfrutar da auga subindo nun barco dragón, os martes 20 e 27 de agosto e os xoves 22 e 29 de agosto en horario de tarde.
Para máis información, para ver o programa completo ou para as inscricións, pódese consultar a web www.xuventudelugo.gal.