Lugo pon en marcha un plan piloto de transporte rural a demanda

LugoXa
O servizo permitirá a veciñanza de catro núcleos do rural desprazarse ao HULA e aos Sindicatos por 0,64 euros por viaxe
transporte-a-demanda-no-rural-Lugo
6 Feb 2026

O tenente alcalde e edil de Mobilidade do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou aos representantes das parroquias beneficiadas que a vindeira semana comezará a funcionar o plan piloto de transporte rural a demanda, unha iniciativa da área de Mobilidade que busca facilitar o acceso ao transporte público en zonas onde o bus urbano non chega.

Arroxo explicou que desta forma a veciñanza poderá contar cunha ruta de transporte público baixo demanda, coas mesmas características que o bus urbano en liñas, horarios e paradas, sempre que haxa demanda.

O servizo inicial cubrirá os núcleos de Vilachá, Labio, O Pondelo e As Regas, con catro frecuencias diarias, dúas pola mañá e dúas pola tarde, chegando ata os Sindicatos e o HULA. Os usuarios só pagarán 0,64 euros por viaxe, o mesmo que custaría unha viaxe en bus urbano. As solicitudes deberán realizarse chamando ao 982 213 377 antes das 22.00 horas do día anterior.

Segundo Arroxo, esta medida permite aumentar os servizos para as veciñas e veciños do rural e facilitar transporte público en máis zonas, dado que sería insostible que o bus urbano cubrise as 54 parroquias do rural de Lugo. Esta alternativa garante que a veciñanza poida desprazarse a un prezo asequible.

⚙ Configurar cookies
0.079674959182739