Lugo por Palestina convoca unha mobilización este venres polo aniversario da Nakba

LugoXa
A concentración celebrarase ás 20:00 horas diante do Concello de Lugo en apoio ao pobo palestino
manifetacion-palestina-lugo2
14 May 2026

O colectivo Lugo por Palestina convocou á cidadanía lucense a participar este venres 15 de maio nunha mobilización con motivo do aniversario da Nakba e en apoio ao pobo palestino.

A protesta desenvolverase ás 20:00 horas diante do Concello de Lugo e enmárcase nunha xornada de mobilizacións previstas en diferentes cidades galegas. Desde a organización sinalan que “a loita por Palestina segue viva” e chaman á participación cidadá para denunciar a situación que continúa sufrindo o pobo palestino.

O colectivo indica que a convocatoria pretende visibilizar o rexeitamento ao conflito e mostrar solidariedade coa poboación palestina coincidindo coa conmemoración da Nakba, termo co que se lembra o éxodo e desprazamento da poboación palestina producido en 1948.

0.11710286140442