Lugo por Palestina presenta unha moción para o Pleno con medidas contra o estado israelí

LugoXa
A Plataforma Lugo por Palestina presentou en Rexistro no Concello de Lugo unha proposición de moción en condena do "xenocidio" cometido por Israel contra a poboación palestina.
16 Dec 2023

A Plataforma Lugo por Palestina presentou en Rexistro no Concello de Lugo unha proposición de moción en condena do "xenocidio" cometido por Israel contra a poboación palestina.

Os membros do colectivo entrevistáronse con responsables do equipo de goberno do BNG, que acordaron presentala para levala a pleno. Agora esperan unha resposta do PSOE, ao que tamén informaron sobre esta moción.

Na moción solicítase esixir o fin do conflito e que se obrigue a Israel a cumprir as resolucións de Nación Unidas  e a ruptura de relacións diplomáticas con Israel. Entre outras medidas, reclaman ao Estado a fin do comercio de armas con Israel, o procesamento do Netanyahu e o seu goberno ou o recoñecemento de Palestina como estado independente.

Á Xunta piden que se prohiba ao CIAR de Rozas a certificación de naves non tripuladas israelíes e no Concello queren que luza a bandeira palestina mentres dure o conflito.

Consulta o contido da moción neste enlace.

0.19542098045349