Lugo por Palestina revive a viaxe de Nazaré a Belén no 2016

LugoXa
O colectivo Lugo por Palestina, que reclamou o izado da bandeira deste país no Concello con motivo da Cabalgata de Reis, quixo facer visible a situación que viven os palestinos e destacou as súas reivindicacións ao paso do caravana real o pasado día 5.
7 Xan 2024

O colectivo Lugo por Palestina, que reclamou o izado da bandeira deste país no Concello con motivo da Cabalgata de Reis, quixo facer visible a situación que viven os palestinos e destacou as súas reivindicacións ao paso do caravana real o pasado día 5. Ademais, tamén quixeron recrear o percorrido que farían María e Xosé no 2016 entre Nazaré e Belén e os problemas que atoparían:

  • NAZARÉ. Esta viaxe de 100 km comeza nesta cidade, que actualmente é o fogar de persoas maioritariamente musulmás e cristiás.
  • CHECKPOINT DE JAMALAH. Son necesarios permisos e identificacións emitidas por Israel para cruzar de Israel á Cisxordania palestina.
  • LIÑA VERDE. Cruzan agora ao lado palestino pola Liña de Armisticio de 1949, que fai de fronteira de facto entre Israel e a Palestina ocupada.
  • NABLUS. Esta gran cidade palestina atópase case totalmente illada polos asentamentos ilegais e checkpoints israelís dos arredores.
  • ASENTAMENTOS. Xusto fóra de Nablus poden ver varios asentamentos israelís. Hai aproximadamente 550.000 colonos vivindo na Palestina ocupada.
  • YITZHAR. María e Xosé pasan agora por Yitzhar, fogar dalgúns dos colonos máis violentos e de dereitas, que de maneira habitual atacan as comunidades palestinas.
  • CHECKPOINT DE HUWARAH. O posto militar corta Cisxordania. Cando está aberto estímase que tentan cruzar unhas 20.000 persoas ao día.
  • QALANDIA. Chegan a este campo de refuxiadas palestino, un dos moitos na Cisxordania.
  • CHECKPOINT DE QALANDIA. Aínda outro posto militar e é un dos que ten máis movemento: aproximadamente 60.000 persoas ao día. É o camiño principal para a Xerusalén Leste ocupada dende a Cisxordania ocupada.
  • XERUSALÉN LESTE. María e Xosé agora pasan por Xerusalén, unha cidade con moitos checkpoints internos e rodeada por un número crecente de asentamentos israelís.
  • CHECKPOINT DE BELÉN. Este é o último chekpoint antes de que alcancen o seu destino: Belén.
  • BELÉN. Sen os checkpoints, os asentamentos ilegais e o muro de separación, esta viaxe levaría hoxe menos de 2 horas en coche. As condicións impostas por Israel farían da viaxe da natividade unha moi diferente hoxe.
0.18706202507019