Lugo presenta a programación do Samaín 2025 con propostas de lecer para todos os públicos

LugoXa
As rúas do casco histórico e o Vello Cárcere acollerán actividades culturais e animación do 28 de outubro ao 2 de novembro
programación-Samaín-Lugo
27 Oct 2025

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades do Samaín 2025, que ofrecerán diversas propostas de lecer destinadas a todos os públicos nas rúas da cidade. Segundo destacou Ferreiro, a programación busca achegar diversión e cultura a distintos colectivos a través de actuacións musicais, contacontos, obradoiros e xincanas.

O área de Cultura programou animación polas rúas do casco histórico, que terá lugar o 31 de outubro a partir das 21 horas coa actuación do Bloco Meigallo, e o 1 de novembro tamén a partir das 21 horas coa actuación de Tambukda. Ademais, o Vello Cárcere contará cun programa especial de Samaín ao longo da semana, coas actividades programadas no espazo de lecer do centro cultural. Para participar, será necesario inscribirse contactando co Vello Cárcere por correo electrónico (vellocarcere@lugo.gal) ou teléfono (982 297 195).

As salas museísticas municipais organizarán tamén unha xincana temática, que se desenvolverá ao longo da rede e permitirá coñecer diferentes recunchos culturais de Lugo.

Programa Samaín 2025

O 28 de outubro celebrarase o obradoiro “Viñetas arrepiantes” para pequenos artistas nados entre 2013 e 2018, ás 17.30 horas na Biblioteca de O Vello Cárcere.

O 29 de outubro terá lugar “A festa dos calacús”, un obradoiro a toda cor para nenos nados entre 2017 e 2022, ás 17.30 horas no espazo didáctico de O Vello Cárcere.

O 30 de outubro será a quenda de “Contos de Samaín. Minirrelatos”, para nados entre 2013 e 2018, ás 17.30 horas na Biblioteca de O Vello Cárcere.

O 31 de outubro celebrarase a Xincana Samaín ás 17.00 horas nos Museos de Lugo, cunha actuación do Bloco Meigallo ás 21.00 horas polas rúas do recinto histórico.

O 1 de novembro comezará pola mañá coa sesión de contacontos “A pantasma colorida” para nados entre 2017 e 2022, ás 11.00 e 12.30 horas no espazo de lecer de O Vello Cárcere. Ás 17.00 horas repetirase a Xincana Samaín nos Museos de Lugo, e ás 21.00 horas terá lugar a actuación de Tambukda polas rúas do casco histórico.

O 2 de novembro pecharase a programación co obradoiro “Cousiñas xeitosas” para nenos nados entre 2017 e 2022, ás 11.00 horas no espazo de lecer de O Vello Cárcere.

⚙ Configurar cookies
0.087393999099731