Lugo propón á mocidade unha quedada sen móbiles

LugoXa
A concellería de Xuventude organiza unha quedada sen móbiles con diversas actividades paralelas na zona fluvial
CARTEL QUEDADA SEN MOBIL
CARTEL QUEDADA SEN MOBIL
1 jul 2022

O Goberno de Lara Méndez, organiza unha quedada sen móbiles para a mocidade lucense, trátase dunha acción incluída no programa +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude, co obxectivo de “concienciar sobre o abuso do móbil entre os máis novos” apuntaba o edil.

A ‘quedada’ dirixida á mocidade de entre 14 e 35 anos, terá lugar o 6 de xullo, das 18:00 ás 20:30 horas, sendo o punto de encontro a entrada do Parque de Rosalía. A inscrición é gratuíta, cun límite de 20 prazas e poderase realizar dende o día de hoxe, a través de www.lugomasxti.org.

“A actividade está pensada para que os mozos e mozas experimenten a desconexión, estando dúas horas e media sen utilizar o móbil, favorecendo a unión, o encontro e a participación no tempo de ocio, e conectando co que os rodea con diversas actividades paralelas”, apuntaba Repetto.

A xornada, inclúe unha ruta polo entorno do Miño, co guía local Guido, un teatro de improvisación a cargo da Asociación cultural lucense Curuxan e un pícnic saudable para os asistentes.

“Esta actividade é unha aposta decidida do Executivo de Lara Méndez por levar a cabo actividades, pensadas para as e os máis novos, asemade, de impulsar a súa participación dunha forma sa e divertida”, concluíu Mauricio Reppeto.