Lugo visibilizará a situación da la das ovellas e destacar tanto os seus usos tradicionais como as innovacións no seu aproveitamento. A cidade acolle o I Foro da La de Galicia, que terá lugar nos días 14 e 15 de setembro no soto da Praza de Abastos de Lugo, en horario de 11.00 a 19.00 horas Durante o foro, os visitantes poderán desfrutar da exposición e venda de diferentes iniciativas e produtos relacionados co mundo da la estarán expostos e á venda.
Ademais, tamén se mostrará unha selección de documentais sobre a temática da la e o sector gandeiro en xeral e haberá espazos dedicados á música para desfrutar e bailar. O foro é unha iniciativa da Asociación de Criadores e Ovino e Caprino de Galicia que leva anos traballando nesta área. As súas accións inclúen contacto con cooperativas e lavadeiros internacionais, investigación para novos usos da la e a creación dun grupo de traballo galego centrado na la. O evento busca sensibilizar e aumentar o coñecemento sobre a importancia da la como materia prima, promovendo o seu valor e uso en Galicia.
Ovica é a única asociación de gandeiras e gandeiros que aglutina a todo o sector ovino e cabrún de Galicia. Na actualidade conta con preto de 160 socios repartidos por todo o territorio galego, con arredor de 13.000 cabezas reprodutoras, o que supón unha media de case 110 reprodutoras por explotación. Esta entidade representa a preto do 25 % das gandarías con máis de 150 animais censados, o que amosa a representatividade no sector e o seu potencial de crecemento.