Lugo recibiu este sábado ao Apalpador no soto da Praza de Abastos

LugoXa
A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua colaborou coa actividade organizada dentro da programación de Nadal da Tenencia de Alcaldía
o-apalpador-en-lugo
21 Dec 2025

A Benvida ao Apalpador comezou ás 17:30 horas, con dúas ruadas musicais por distintos puntos do casco histórico. Tras estas actividades, e xa na Praza de Abastos, as crianzas asistentes puideron desfrutar de obradoiros a cargo de Trécola Produccións e da Asociación Antonio Gandoy, e dos Cantos de Nadal de Branca Villares e Troupelear. A actividade contará con outro obradoiro a cargo de oXeito a partir das 19:00 e coa chegada do apalpador ás 19:30 e o remate da actividade ás 19:30 coa actuación musical da Tradescola.

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, destacou "a importancia desta actividade no importante traballo de promocionar e recuperar os elementos culturais da nosa terra" e agradeceu a Madia Leva, A Mesa pola Normalización Lingüística, A Volta do Agro, Semenente, Asociación Antonio Gandoy, oXeito, a Hedreira, Tradescola, Trécola e Cántigas e Frores a súa implicación con este proxecto.

⚙ Configurar cookies
0.078106880187988