Lugo rememora o seu pasado e a súa tradición na Feira do 48

LugoXa
A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza un ano máis a cita, que naceu no 2018 para conmemorar o 70 aniversario do colectivo
feira-do-48-cantigas-e-frotes
5 sep 2024

O 7 e 8 de setembro a praza Maior de Lugo converterase no epicentro do mundo da cultura tradicional galega mentres a cidade recupera o ambiente das feiras de antano. A Asociación Cultural Cántigas e Frores, con apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo, organiza un ano máis a Feira do 48, unha cita que naceu no 2018 para conmemorar o 70 aniversario do colectivo e que este chega a súa sexta edición. O programa comezará o sábado ás 11.48 horas coa apertura da feira.

Ás 12.48 será o pregón que virá a cargo de Emilio Españadero, director e presentador desde 1992 do programa radiofónico especializado na música folk Lume Na Palleira. Despois terá lugar o concerto do Coro Galego de Cántigas e Frores. Xa pola tarde comezan os obradoiros de iniciación ao baile tradicional para os máis cativos con María Besteiro. A música tampouco faltará. A Banda de Gaitas e Percusiòn de Cántigas e Frores actuará e seguirán cunha ruada, ás 19.48 horas, con Os Carunchos e Murga de Cántigas e Frores e Pandereteiras Lina e Lola.

O domingo a feira abrirá a mésma hora e haberá pasacalles pola mañá. Nesta xornada tamén actuará 11:48 Apertura da Feira o grupo de baile de Cántigas e Frores. Despois volverá haber unha ruada, dende as 18.48 horas, co Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores, Bailai Malditos e co Grupo de Cantareiros de Cantigas e Frores. Deste xeito, músicos, artesáns, bailadores e mestres de prestixio compartirán espazo esta fin de semana para poñer en valor a riqueza e grandeza do noso patrimonio a través da música, o baile, a tradición, a artesanía e a gastronomía.

Esta cita será unha boa mostra do traballo do colectivo que leva anos loitando e defendendo os nosos costumes e o noso legado cultural a través de cursos, da súa escola, das súas actuacións dentro e fóra da península e de iniciativas coma a do Festival de Cultura Tradicional San Froilán ou Cántigas na rúa.

 

Programación Feira do 48 do ano 2024

SÁBADO 7
11:48 Apertura feira
12:48 Pregòn a cargo de Emilio Españadero
13:48 Concerto do Coro Galego de Cántigas e Frores
16:48 Obradoiro de iniciaciòn ao baile tradicional para os máis cativos. Imparte María Besteiro
18:48 concerto da Banda de Gaitas e Percusiòn de Cántigas e Frores
19:48 RUADA:
Os Carunchos
Murga de Cántigas e Frores
Pandeireteiras Lina e Lola

Domingo 8
11:48 Apertura da Feira
11:48 Pasarrúas
12:48 Actuaciòn do grupo de Baile de Cántigas e Frores
18:48 RUADA
Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores
Bailai Malditos
Grupo de Cantareiros de Cantigas e Frores

0.19476008415222