Lugo renova a sinalización horizontal da Avenida de Madrid para mellorar a seguridade viaria

LugoXa
A intervención forma parte dun contrato anual de 100.000 euros que busca reforzar a visibilidade e protexer a peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida
renovación-sinalización-horizontal-Avenida-de-Madrid-Lugo
22 May 2025

Vén de renovarse de forma integral a sinalización horizontal da Avenida de Madrid de Lugo, unha actuación que permite "mellorar a visibilidade na rúa, tanto para peóns como para os vehículos, o que implica maior seguridade viaria", sostivo o tenente de alcalde, Rubén Arroxo.

Arroxo lembrou que a área de Mobilidade conta cun contrato para o mantemento da sinalización horizontal en zonas urbanas, "cun investimento de 100.000 euros e unha duración inicial dun ano, prorrogable ata dous anos máis", explicou.

O contrato inclúe o repintado de marcas viarias como pasos de peóns e outras sinalizacións horizontais, ten como obxectivo "mellorar a visibilidade e a seguridade viaria en toda a cidade".

A Tenencia de Alcaldía planifica a realización destas intervencións nos meses de verán, aproveitando as condicións climáticas favorables desta época do ano, xa que o bo tempo é esencial para garantir a calidade do pintado.

Rubén Arroxo destacou o compromiso da Tenencia de Alcaldía coa mellora da sinalización horizontal na cidade, mellorando o formato do pintado para aumentar a seguridade de peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida, reducindo resbalóns nos pasos de peóns e aumentando a seguridade.

⚙ Configurar cookies
0.15427589416504