Lugo renova un treito residencial da rúa Xoán Rico Pérez para mellorar tráfico e seguridade

LugoXa
A intervención inclúe plataforma única, renovación de servizos e cambio de sentido de circulación
mellora-rúa-Xoán-Rico-Pérez-Lugo
6 Mar 2026

A Tenencia Alcaldía de Lugo anunciou a renovación dun treito residencial da rúa Xoán Rico Pérez, que conecta o paseo do Rato coa ronda das Fontiñas. O concelleiro Rubén Arroxo destacou que esta intervención permitirá “mellorar a fluidez do tráfico en Fontiñas e garantir a seguridade na zona residencial da rúa”. O Goberno de Lugo investirá 45.000 euros na creación dunha plataforma única no tramo da urbanización, aumentando tamén o ancho da vía e facilitando o tránsito de vehículos pola zona.

Arroxo explicou que “o modelo de plataforma única que se vai aplicar neste punto está a demostrar xa a súa utilidade en distintas zonas da cidade, e seguiremos a aplicalo nas rúas nas que sexa viable”. A intervención contempla tamén a renovación das instalacións de auga e electricidade e aumentará a seguridade peonil ao crear unha nova área de plataforma única.

Ademais, a Tenencia de Alcaldía modificará o sentido da circulación, deixando este treito en sentido único dende o Paseo do Rato cara a Fontiñas. “Con esta medida conseguimos non só reducir o tráfico en Fontiñas, senón mellorar o acceso dos vehículos á urbanización”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu que “este cambio permite reconducir o fluxo de vehículos dende Fontiñas cara ao Paseo do Rato, mellorando a fluidez do tráfico rodado neste punto da cidade”.

0.12162303924561