Lugo Sala abre as portas da súa Escola de fútbol sala a partir do 12 de maio

LugoXa
Esta actividade, de carácter gratuíto, prolongarase ata o mes de xuño e está dirixida a rapaces e rapazas que actualmente non pertencen á Escola
Escola-Lugo-Sala
25 Apr 2025

A ADC Lugo Sala porá en marcha, a partir do 12 de maio, as súas tradicionais xornadas de portas abertas, co obxectivo de dar a coñecer a súa Escola de fútbol sala a nenos e nenas interesados en formar parte do proxecto na tempada 2024-2025.

Esta actividade, de carácter gratuíto, prolongarase ata o mes de xuño e está dirixida a rapaces e rapazas que actualmente non pertencen á Escola pero que desexen descubrir de primeira man o seu funcionamento. Durante as sesións, os participantes poderán coñecer a metodoloxía de adestramento, ao cadro técnico e aos que poderían ser os seus futuros compañeiros, ademais de vivir unha experiencia deportiva en primeira persoa.

As xornadas están abertas a todas as categorías formativas do club: desde biberón ata xuvenil, o que inclúe a nenos e nenas nados entre os anos 2007 e 2020.

Lugo Sala conta con equipos masculinos, femininos e mixtos, consolidándose como unha entidade que aposta pola formación deportiva inclusiva e de calidade.

Con máis dunha década de traxectoria, Lugo Sala continúa a súa aposta polo deporte base e o fútbol sala en Lugo, abrindo as súas portas a novas xeracións que queiran medrar dentro dunha estrutura consolidada e con valores.

⚙ Configurar cookies
0.12501692771912