Lugo terá un mercado de artesanía de Galicia no mes de decembro

LugoXa
A cita nace co obxectivo de promocionar as elaboracións dos artesáns adheridos ao distintivo de calidade Artesanía Alimentaria
Alemparte_reunion_artesanía_alimentaria
3 Out 2024

Lugo acolle un mercado co obxectivo de promocionar as elaboracións dos artesáns adheridos ao distintivo de calidade Artesanía Alimentaria. Nunha reunión do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, con empresas operadoras acordouse que se celebrará na cidade do 12 ao 15 de decembro.

O selo de Artesanía Alimentaria creouse co obxectivo de procurar un sector estruturado en concordancia dos requisitos establecidos pola Unión Europea; de protexer o facer dos artesáns, defendendo a súa profesión ante etiquetaxes enganosos; e conservar e preservar as elaboracións de produtos artesanais tradicionais, tan arraigados á cultura galega.

Actualmente, Artesanía Alimentaria conta con algo máis de cen operadores inscritos e estanse a tramitar solicitudes para incorporar novos á lista de empresas certificadas, ligadas a algunha das 16 normas técnicas aprobadas para a produción e elaboración destes produtos. Ao mesmo tempo, estanse a elaborar novas normas técnicas que permitirán a incorporación de máis empresas operadoras, xa que os artesáns encádranse nalgunha delas.

0.18645811080933