Lugo tínguese de azul para conmemorar o Día da Enfermería

LugoXa
O Concello de Lugo conmemora o Día Internacional da Enfermería iluminando de azul a fachada da Casa Consistorial e a zona da muralla.
muralla lugo alumeado 2
11 May 2021

O Concello de Lugo conmemora o Día Internacional da Enfermería, 12 de maio,  iluminando de azul a fachada da Casa Consistorial e a zona da muralla que vai dende a  Mosquera ata San Pedro ao anoitecer, como homenaxe a un dos colectivos máis necesarios contra a pandemia.  

Dende o Concello preténdese poñer en valor o vital e heroico traballo deste colectivo,  nun momento no que están a demostrar a súa compaixón, valentía e profesionalidade na  resposta á pandemia de coronavirus.  

Lembrar tamén que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, propuxo aos grupos municipais  da Corporación lucense outorgarlles as Medallas de Ouro 2020 aos colectivos de  profesionais que nesta pandemia protexeron e coidaron de toda a veciñanza. Galardón  que simboliza a máxima distinción que a institución local pode entregar á cidadanía, e  que segundo o propio regulamento indica, debe recaer só en persoas que teñen  atribuídos méritos verdadeiramente extraordinarios. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19684600830078