Luis Iglesia Besteiro será homenaxeado na Semana de Cine de Lugo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A XLIII Semana de Cine de Lugo homenaxeará ao actor riotortense, Luis Iglesia Besteiro, xa que este ano o grupo Fotográfico Fonmiñá
luis igesia besteiro semana cine lugo
31 Aug 2021

A XLIII Semana de Cine de Lugo homenaxeará ao actor riotortense, Luis Iglesia Besteiro, xa que este ano o grupo Fotográfico Fonmiñá vai publicar un libro homenaxe a Luis Iglesia, obra de Manuel Curiel, director da Semana.

Así, o nome do homenaxeado figurará nunha placa no Paseo do Cine de Lugo sita no Parque de Frigsa, no que xa teñen placa Luis Tosar, Antonio Mourelos, Prudencia Griffell e Carmen Correa. Asimesmo neste paseo se incluirá unha placa que lembre a figura de  Frank Braña, o actor que máis veces morreu no cine español, e que participou na homenaxe que se lle rendeu na Semana de Cine do ano 2007.

Habitualmente, en cada Semana de Cine vense honrando a destacados lucenses e galegos do cine, téndoo sido nos últimos anos Luis Tosar e  Antonio Mourelos, e con anterioridade –entre outros- Rosario Durcal, Mercedes Cora, Manuel Lourenzo, Prudencia Grifell, Carmen Correa, Frank Braña ou Eduardo Fajardo.

A XLIII Semana de Cine de Lugo celebrarase na capital lucense do 20 ao 25 do próximo mes de setembro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19256496429443