Luis Tosar protagoniza a nova película de Jorge Coira, 'Proyecto Emperador'

LugoXa
'Proxecto emperador' é un thriller de acción que se adentra na realidade socio-política española máis escura
luis tosar
17 Feb 2021

O actor lucense Luis Tosar será o protagonista da longametraxe de suspense 'Proyecto Emperador', que dirixe Jorge Coira.

Coira, natural de Rábade, dirixe esta película a partires do guión escrito por Jorge Guerricaechevarría. Trátase da súa terceira longametraxe despois da premiada '18 comidas' e da súa ópera prima 'El año de la garrapata'. Dirixiu tamén series de televisión de grande éxito como 'Hierro' e 'Sé quien eres'.

'Proyecto Emperador' é un thriller de acción que se adentra na realidade socio-política española máis escura. "O mundo da espionaxe é un dos contextos máis poderosos e fructíferos para explorar conflitos extremos. A película quere adentrarse, dende a potencia do thriller, na realidade dos axentes de información: un mundo no que a fronteira entre o ben e o mal se dilúe e onde as cousas non son sempre o que parecen", adianta Jorge Coira.

O director rabadense trasladou tamén a este medio a súa satisfacción por coincidir novamente con Luis Tosar nun proxecto: "Apetéceme moitísimo traballar con él, con todo o equipo, teño moitísimas gañas de empezar esta película".

O filme, que se comezará a rodar próximamente, conta ademáis no reparto con Alexandra Masangkay, a cantante e actriz Bebe, Miguel Rellán, María Botto e Denís Gómez, segundo confirmou a produtora Vaca Films.

0.20009207725525