Magín Blanco actúa hoxe no edificio multiusos de Ourol

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Ago 2019

O músico galego, que é tamén compositor, guitarrista e cantante, Magín Blanco, leva hoxe, 6 de agosto, o seu espectáculo musical ao edificio multiusos de Ourol, a partir das 11.30 deste mañá.

O espectáculo vai dirixido aos cativos dentre tres e doce anos de idade e está enmarcado dentro do programa 'Ler conta moito' que se desenvolve na biblioteca municipal ourelesa, polo que a actuación de Magín Blanco vai orientada precisamente a animar aos nenos a ler e a divertirse e entreterse coas historias que saen dos libros.

0.1027889251709