Destinan máis de 20.000 euros ás festas parroquias do Concello de Lugo

LugoXa
Rubén Arroxo explicou que o Concello de Lugo, a través da Área de Cultura, ten reservados máis de 20.
calendario a terra BNG Lugo
calendario a terra BNG Lugo
15 ene 2024

Rubén Arroxo explicou que o Concello de Lugo, a través da Área de Cultura, ten reservados máis de 20.000 euros nos seus orzamentos para que as parroquias de Lugo e os barrios da cidade poidan contar con axudas do Concello para a celebración de festas.

Así, os eventos festivos contarán con grupos de música que o Concello se encargará de pagar para achegar a cultura aos solicitantes, que poderán ser das 61 parroquias do Concello ou dos barrios da cidade. Rubén Arroxo lembrou que “dende o Goberno local queremos apoiar a quen, co su esforzo persoal, organiza as festas das súas parroquías ou dos seus barrios”.

As solicitudes deben ser feitas ante a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua por integrantes das diferentes comisións ou asociacións que organicen as festas. O Concello, pola súa banda, achegará a presenza de un grupo de música, tras a correspondente avaliación da solicitude, para as festas de cada unha das parroquias ou barrios.

Calendario a terra entre as mans

por outra banda, o alcalde en funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, achegouse a Nadela, acompañado da edil de Participación, Cristina López, onde mantivo unha xuntanza con veciños e veciñas da parroquia para agradecer a súa participación e a de 15 parroquias máis que se implicaron na elaboración do calendario editado por esta Concellería.

Cristina López, pola súa parte, destacou que "o noso rural e as nosas xentes son un piar básico da nosa sociedade, polo que quixemos homenaxealos dándolles o protagonismo que se merecen formando parte deste proxecto".

Ademais, o calendario a terra entre as mans continúa co proxecto iniciado pola área de Participación a finais do 2019. Cada ano, elaborouse un calendario amosando a riqueza das imaxes almacenadas no arquivo municipal, con diversas temáticas cada ano. Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.