Máis de 200 gandarías de Rubia Galega recibirán o apoio do programa Marela da Vicepresidencia da Deputación

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O BOP publicou a relación definitiva das ganderías beneficiarias das axudas á recría desta raza autóctona
vacas-tenreira-galega
6 Oct 2026

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este martes, 6 de outubro, a listaxe definiva das ganderías beneficiarias das axudas á recría de xatas de Rubia Galega nas granxas de nacemento, convocadas pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

As axudas, encadradas no programa Marela!, beneficiarán a un total de 222 ganderías da provincia, que recibirán un importe de 400 euros por xata reprodutora –cun parto antes dos 36 meses– ata un máximo de 4.000 euros.

A distribución das axudas reflicte a importancia do sector en distintas comarcas e concellos: a maioría das granxas beneficiarias concéntranse nas comarcas de Sarria, con 54 ganderías beneficiarias –a meirande parte delas dos concellos de Láncara, Paradela e Triacastela –, dos Ancares, con 74 ganderías beneficiarias –situadas maioritariamente nos concellos de Baralla, Becerreá, Cervantes e Pedrafita– e nos concellos do Corgo e A Fonsagrada, con 22 e 13 ganderías perceptoras das axudas.

O apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ás ganderías de razas autóctonas compleméntase cunha segunda liña de subvencións, vinculada ao programa Morenas! e dirixida a granxas con razas bovinas, ovinas e caprinas en risco de erosión xenética - Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá ou Vianesa, de Ovella Galega e de Cabra Galega -, que se resolverá nas vindeiras semanas. En suma, a área de Rural destina ás ganderías de razas autóctonas axudas directas por importe de 400.000 euros.

0.1186420917511