Máis de 3.000 persoas participaron na XLVI Semana de Cine de Lugo

LugoXa
A maior parte dos participantes acudiron ao Auditorio, onde se contabilizan 1.509 persoas nas seccións Oficial, infantil e O mellor do an
semana-de-cine-lugo
2 Out 2024

Despois dunha semana na que a sétima arte foi a protagonista na cidade, fan balance da 46ª edición da Semana Internacional de Cine de Lugo, cita que se vén celebrando anualmente dende o 1979, e na que colabora o Concello de Lugo, o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a USC. Este ano un total de 3.334 lucenses participaron na convocatoria, tanto nas proxeccións nas cinco sedes do Festival, en Aspnais ou nos Centros Penitenciarios de Monterroso, Bonxe e Teixeiro, como nas actividades especiais organizadas con motivo da Semana.

A maior parte dos participantes acudiron ao Auditorio, onde se contabilizan 1.509 persoas nas seccións Oficial, infantil e O mellor do ano. No resto das salas – Delegación da Xunta de Galicia, Deputación Provincial, Vello Cárcere e Biblioteca Provincial – foron 1.038 os asistentes. E 787 participaron nas diversas actividades especiais - Exposición, presentacións, descubrimento de placas e homenaxes - e proxeccións en Aspnais e nos centros penitenciarios. Fonmiñá agradece aos medios informativos a extraordinaria atención á Semana de Cine, ás institucións copatrocinadoras o seu apoio, e aos cinéfilos lucenses a súa participación nas proxeccións e actividades, especialmente aos que participaron nas homenaxes e mesas redondas.

0.19618201255798