Máis de 300 pontenoveses maiores desfrutaron dun encontro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
26 Oct 2019

O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, acompañado dos membros do equipo de Goberno, presidiu a comida de confraternización aos maiores da vila, que organizou o Concello, e na que participaron preto de 300 veciños e veciñas.

O Pavillón polideportivo acolleu esta xornada, na que Campos Conde remarcou “o traballo e o esforzo que realizan os servizos sociais do Concello para mellorar a calidade de vida de todos os nosos maiores. Somos unha vila cunha poboación altamente envellecida, e por iso, que con xuntanzas coma esta, queremos contribuír a poñer en valor o sacrificio que fixeron os nosos maiores ao longo de toda a súa vida”. 

Este acto tamén serviu para homenaxear aos veciños de maior idade da vila. Jesusa Fernández Veiga, nada no 1914, cumprirá o vindeiro 1 de novembro 105 anos, e Alfredo Veiga Mourelle naceu o 25 de decembro de 1928, polo tanto tamén cumprira 91 anos. “Jesusa e Alfredo son o verdadeiro exemplo de que as veciñas e veciños da Pontenova merecen unha homenaxe, unha pensión digna, e por suposto unha residencia pública da que desfrutar e na que poder vivir. Meréceno”, resumiu Campos Conde.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18188118934631