Máis de 40 asociacións de toda España desfilarán por Lugo como parte da programación previa do Arde Lucus

LugoXa
Máis de 40 colectivos de toda España participarán nun encontro que reforza a proxección do Arde Lvcvs no seu 25 aniversario
Arde-Lucus-2025-xente
17 Apr 2026

Lugo acolle a asemblea anual da Asociación Española de Fiestas y Recreaciones Históricas, unha entidade que agrupa a 61 colectivos de recreación de toda España. O encontro reunirá a máis de 40 destas asociacións e arredor de 130 persoas chegadas de fóra de Lugo, ás que se sumarán integrantes dos grupos locais.

As actividades darán comezo o venres 17 de abril cun acto de recepción no Vello Cárcere, que servirá como primeira toma de contacto entre os participantes. A xornada central terá lugar ao día seguinte, coa celebración da asemblea anual ordinaria no salón regio do Círculo das Artes, onde se abordarán cuestións como o balance de actividades, a incorporación de novas festas á asociación ou o estado económico da entidade. Ademais, tamén se celebrará unha asemblea extraordinaria na que se elixirá a nova xunta directiva para os vindeiros catro anos.

O desfile multitudinario que percorrerá as rúas do centro histórico ata rematar na Mosqueira será o sábado 18 de abril ás 19.00 horas. Nel participarán decenas de grupos representando máis de 40 festas de recreación histórica, organizados segundo unha orde cronolóxica que abranguerá desde as festas iberas, centradas entre o século VI a.c. e o I d.c., ata recreacións contemporáneas como a Reconquista da Vila de Vigo de 1809 ou episodios históricos como o apresamento do xeneral Riego en 1823 en Jaén.

Entre estes períodos estarán tamén representadas celebracións do Medievo, o Renacemento e o Barroco, configurando un percorrido histórico amplo e diverso. Ademais do desfile, a programación incluirá diferentes espectáculos de animación de rúa que contribuirán a dinamizar o ambiente festivo durante toda a xornada.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse co presidente da entidade, Antonio Madrid. Un dos actos centrais será un desfile multitudinario que reunirá ás diferentes agrupacións, entre elas as do Arde Lucus, recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional e que este ano cumpre 25 edicións.

O percorrido comezará ás 19.30 horas na praza Horta do Seminario e discorrerá polo centro para finalizar na praza da Mosqueira. Grupos de recreación de diferentes épocas e acontecementos históricos compartirán espazo nesta convocatoria, que contará ademais con espectáculos de animación nas rúas. Así mesmo, a asociación celebrará na cidade a súa asemblea anual ordinaria e outra de carácter extraordinario na que se elixirá a directiva para os próximos catro anos.

0.11830401420593