Máis de cen pilotos participan en Outeiro de Rei nunha nova cita do Campionato Xunta de Galicia de kárting

LugoXa | TerraChaXa
A cita, que alcanzou a súa sexta edición, desenvolveuse ao longo de dúas xornadas
campionato-galego-de-karting-outeiro-de-rei
27 Jul 2026

O circuíto de Outeiro de Rei converteuse esta fin de semana no escenario da cuarta proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de kárting, unha competición que reuniu a máis dun cento de pilotos repartidos en dez categorías e que volveu confirmar o bo momento que atravesa esta disciplina no panorama automobilístico galego.

A cita, que alcanzou a súa sexta edición, desenvolveuse ao longo de dúas xornadas. O sábado disputouse a categoría prerookie, mentres que o domingo foi a quenda do resto das competicións, ofrecendo un intenso programa de carreiras que reuniu a participantes de diferentes idades e niveis.

Na categoría KZ, o triunfo foi para Luis Fernández García, acompañado no podio por Pablo Capón García e César Álvarez García. En KZ2, Guillermo Carrera González logrou a primeira posición, seguido por Jorge Suárez González e Diego González Soto.

Entre os sénior, Saúl Vaz Dacosta impúxose na final, con Esaú Voces Fernández na segunda posición e Mauro Mesonero Romanos completando o podio. Na categoría júnior, Alejandro Méndez Méndez conseguiu a vitoria, mentres que Kevin Fernández García e Enzo Sánchez García remataron segundo e terceiro, respectivamente.

En mini, Enzo Prada Vidal foi o vencedor por diante de Mateo Rodríguez Damasceno e Daniel López Gómez. Pola súa banda, na categoría mini novel, Yerai Pérez Rodríguez ocupou o máis alto do podio, acompañado por Surhayen Díaz Villar e Marcos Estévez Pereira.

Na categoría rookie IAM, Beny Palacio Galindo conseguiu a vitoria, seguido por Minh Pita Tenreiro e Daniel Núñez López. En rookie Vortex, Álex Fernández López foi o gañador, con Lucas Pardo Barreiro na segunda posición e Carmen Pinto Maya na terceira.

A competición completouse coa categoría Escola IRT, na que Dylan Blanco Ramos impúxose nas dúas mangas disputadas. Iván Fernández Reimondo foi segundo en ambas as carreiras, mentres que León Juliana Cerviño e Beltrán Randis Díaz ocuparon as terceiras posicións en cada unha das mangas.

0.13578701019287