Máis de cincuenta edificios de Mondoñedo están sendo rehabilitados con axudas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Dec 2019

Manter os edificios en bo estado é unha das medidas fundamentais para que as poboacións ofrezan un aspecto atractivo, co que iso significa á hora de atraer visitantes. Conseguilo debe ser un obxectivo compartido dos propietarios e da Administración. A colaboración nas distintas áreas que interveñen na rehabilitación inmobiliaria é sen dúbida a medida máis eficaz. Así se comproba en Mondoñedo, onde o respaldo administrativo, é dicir, de xestión, e económico que presta o Concello, presidido por Elena Candia, aos propietarios interesados en mellorar os seus inmóbeis da como resultado que haxa intervencións subvencionadas en 35 edificios da área de rehabilitación e en 20 no territorio histórico do Camiño de Santiago.

A inversión total efectuada polos particulares propietarios dos edificios que se acollen ás subvencións ofrecidas desde o Concello ascende a 267.352,06 euros, unha inversión que ten una clara incidencia na economía no ámbito do territorio municipal.

Do total de rehabilitacións que contan con subvención municipal, 10 xa están executadas e recibiron subvencións que totalizan 59.416,72 euros. Hai en marcha outras 16 iniciativas, para as que, en total, se destinan 49.644,06 euros. Noutros 9 casos as axudas, que suman 13.664,10 euros, corresponden a traballos de pintado de fachadas.

Estas axudas esténdese tamén ás áreas de intervención no entorno histórico do Camiño de Santiago. Neste caso, desde a Oficina de Rehabilitación tramitáronse vinte solicitudes para subvencións para obras, das cales 12 xa están rematadas.

O concello de Mondoñedo demostra coa comunicación publica distes datos que as persoas que aposten por mercar en Mondoñedo un inmoble para ser destinado a vivenda conta con axudas para a súa rehabilitación. Estas axudas, conta o goberno local que sexan  incrementadas unha vez remate o proceso de declaración de Área Rexurbe.

O obxectivo principal e seguir captando investimento e seguir poñendo en valor os inmobles .

0.11032509803772