Máis dun cento de persoas participan no xantar anual da Asociación de Xubilados e Xubiladas de Monterroso

LugoXa
Ao evento asistiu tamén o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, que quixo acompañar ás persoas participantes nesta celebración
xantar-xubilados-monterroso
12 Jun 2026

A Asociación de Xubilados e Xubiladas de Monterroso celebrou a súa tradicional comida anual nas instalacións da Cúpula, nunha xornada marcada pola convivencia, o reencontro e o ambiente festivo.

A entidade, presidida por José Antonio Fraga Fraga, conseguiu reunir a máis dun cento de socios e socias, que compartiron mesa e conversación nun dos encontros máis destacados do calendario anual da asociación.

Ao evento asistiu tamén o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, que quixo acompañar ás persoas participantes nesta celebración, compartindo con elas unha xornada especial dedicada ao lecer e ao fortalecemento dos lazos entre os membros do colectivo.

O encontro serviu unha vez máis para fomentar a convivencia entre os socios e socias e poñer en valor o importante papel que desempeña a asociación na dinamización social e na promoción de actividades destinadas ás persoas maiores do municipio.

0.1221489906311