Maite Ferreiro fai un balance “moi positivo” da programación do Nadal e da Cabalgata de Reis

LugoXa
O balance destas festas de Nadal e de todas as actividades que as rodean “moi positivo” para Maite Ferreiro.
8 Xan 2023

O balance destas festas de Nadal e de todas as actividades que as rodean “moi positivo” para Maite Ferreiro. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua fixo referencia a decoración das rúas, á programación cultural, á promoción do comercio local, e salientou a “espectacularidade” da Cabalgata de Reises que “foi seguida por milleiros de lucenses”.

Ademais da programación cultural ordinaria, a concelleira de Cultura, fixo un percorrido polas actividades que especialmete foron programadas para o nadal que foron dende o 26 de decembro do 2022 ata o 5 de xaneiro de 2023. Estas actividades estiveron en distintos puntos da cidade, con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, ou no Vello Cárcere cunha aflucencia de público inusitada e cheo en moitos dos actos programados.

Entre os actos programados houbo obradoiros de panxoliñas no Vello Cárcere, demostracións de danza no Auditorio, concertos didáticos interactivos, festival de artes escénicas para a primeira infancia, teatro, recepción ao Apalpador, concerto de aninovo a cargo da Orquestra Filarmonica, o Rancho de Reis Xeitoso, e a Cabalgata e recepción aos Reis Magos de Oriente.

Á chegada á cidade dos Magos de Oriente realizouse o pasado 5 de xaneiro. Ferreiro explicou que “foi masiva a participación das luncenses e presentamos un novo espectáculo para que as nenas e nenos de Lugo recibisen aos Magos sen restriccións como as que a pandemia provocou os últimos anos, unha gran cabalgata que contou con música e espectáculos novidosos e de calidade”.

A Cabalgata, titulada A Gran Viaxe, contou con 4 carrozas e 11 espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo. “As carrozas estiveron baseadas na viaxe dos reis, representando aos animais e aos elementos patrimoniais máis recoñecibles de Oriente”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “tivemos 11 espectáculos impresionantes que fixeron as delicias de quenes os presenciaron”. Houbo música tradicional, tivo presenza o deporte a través de Maximus, repartiranse 2.000 quilos de caramelos, estiveron presentes os diferentes servizos municipais e participaron máis de 50 persoas na organización da mesma ademais de diversas empresas patrocinadoras.

Tamén a concelleira de Cultura afirmou que “Lugo contou durante estas festas cunha iluminación espectacular a decoración en toda a cidade”.  En total, o alumeado de Nadal contou con 778 elementos decorativos e preto dun millón de microleds. Este ano colocaronse, nas distintas rúas e prazas, 189 arcos luminosos e distintos elementos ornamentais, entre os que destacou a decoración de 100 farolas ou a colocación de figuras en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaronse outros motivos en 3D cun mínimo de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido do Camiño Primitivo tivo unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo foron decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, de 20 metros de altura,. A nova praza da Mosqueira conta tamén con elementos decorativos de máis de 1.500 puntos de luz. A Praza e o Mercado tiveron en total con 57 elementos decorativos, 12 arcos de luces no interior, 2 arcos na entrada da Praza e unha árbore central de 5 metros de altura. En total, o alumeado conta con 107.600 leds repartidos entre ambas instalacións.

Na promoción do comercio local contouse, entre outras campañas, co impulso da Praza de Abastos e do Mercado Muncipal a través da campaña “O noso mercado é un agasallo”. A Concellira de Participación, Cristina López, explicou que “todas as persoas que realizaron compras por valor de 40 euros ou máis nos distintos postos da praza recibiron un agasallo”, e destacou o bo desenvolvemento da campaña. A área de Participación contou cun posto durante os días de promoción onde se entregaron diferentes agasallos como bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida ou material promocional da Praza e do Mercado.

0.21377301216125