Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal para o primeiro semestre

LugoXa
A área de Cultura organiza 22 actividades culturais con contidos para diversos públicos que terán lugar entre o 11 de xaneiro e o 18 de maio.
auditorio gustavo freire lugo
2 Xan 2024

A área de Cultura organiza 22 actividades culturais con contidos para diversos públicos que terán lugar entre o 11 de xaneiro e o 18 de maio.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal durante os primeiros meses de 2024. Maite Ferreiro explicou que "contamos con máis de 20 actividades culturais con contidos para todos os públicos, que terán lugar entre o 11 de xaneiro e o 18 de maio”.

"Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación, e contaremos tamén con obras internacionais de calidade contrastada", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez, traendo a Lugo o mellor do teatro e da danza galega xunto cunha coidada selección de propostas premiadas en importantes festivais".

A programación inclúe en total 22 actividades, con 11 propostas para público adulto, 7 enmarcadas no ciclo Lugo en Danza, e 11 para público familiar. Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. Ademais haberá bonos a un prezo de 48€ nas actividades para público adulto e de 20€ para as actividades adicadas a público familiar, que permitirán acceder ás distintas actividades. No caso do ciclo Primeira Infancia, o bono terá un prezo de 10€ e para as actividade de danza do ciclo LED, 18€. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

TEATRO ADULTO

11 de xaneiro, 20:30
“HASTA QUE LA MUERTE NOS SEPARE” de [IN]CONSTANTES TEATRO

18 de xaneiro. 20:30h
“O PEQUENO PONI” de REDRUM TEATRO.

25 de xaneiro. 20:30h
“ENTREGA EN MAN” de CONTRAPRODUCIÓNS .

1 de febreiro. 20:30h.
“SOÑOS” de ARTEFEITO .

4 de febreiro. 18:30h
“BOA SORTE, MALA FAMA” de TARABELA CREATIVA .

8 de febreiro. 20:30h
“ASFIXIA” de VÓRTICE ESCÉNICO .

15 de febreiro. 20:30h
“DEADPAN KARAOKE” de IBUPROFENO TEATRO .

22 de febreiro. 20:30h
“VÍA MORTA” de CULTURACTIVA .

4 de abril. 20:30h
“CANCIÓNS AMARELAS, FLORES TRISTES” de MANEKINEKO .

11 de abril. 20:30h
“IRIBARNE” de BUTACAZERO .

18 de abril. 20:30h
“NOSO” de OS NÁUFRAGOS TEATRO .

25 de abril. 20:30h
“MADE IN GALIZA” de SARABELA TEATRO .

2 de maio. 20:30h
“4x4” de RON LALÁ TEATRO .

16 de maio. 20:30h
“O AUTO DO CASTROMIL” de PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS .

PRIMEIRA INFANCIA

28 de xaneiro. 17h e 18.30h
DADADOO, CANTO A LA LUNA LLENA” de CÍA LA CLÁ. (2 pases).

2 de febreiro. 17h e 18.30h
“ALMA” de LABÚ TEATRE. (2 pases).

28 de abril. 16.30h e 18.30h
“BAJAU” de PONTEN PIE. (2 pases).

5 de maio. 17h e 18.30h
“ÑAM” de CARAMUXO TEATRO. (2 pases).

TEATRO INFANTIL

21 de xaneiro. 18.30h
“ÁNDALE! BON APPÉTIT!” de TEATRO GHAZAFELHOS.

11 de febreiro. 18.30h
“A ILLA DA DESLEMBRANZA” de ÁRTIKA CÍA .

25 de febreiro. 18.30h
“CASTELAO” de CULTURACTIVA .

14 de abril. 18.30h
“MONSTROS” de PRODUCIÓNS TEATRÁIS EXCÉNTRICAS .

21 de abril. 18.30h
“MAMUT” de MARKELIÑE .

19 de maio. 18.30h
“NANAI DA CHINA” de PÉREZ & FERNÁNDEZ .

DANZA

14 de xaneiro ás 20:30H
"DONAS” de CALI DANZA

26 de xaneiro ás 20.30h
“SOFÁ” de MARTA ALONSO TEJADA

9 de febreiro ás 20.30h
“VAIVÉN” de MARCIA VÁZQUEZ

1 de marzo ás 20:30h
“OUTRORA NÓS” de MEVADEUS

5 de abril ás 20.30h
“INVERNO” de COMPANHIA DE DANÇA DE ALMADA

27 de abril ás 20.30h
“MILLO VELLO” de AY CARIÑO

3 de maio ás 20.30h
“CEIBE” de FRAN SIEIRA DANZA

18 de maio ás 20.30h
“AFECTOS” de KIRENIA DANZA

0.096899032592773