Maite Ferreiro: "Toda Galicia lembra a Darío Xohán Cabana, un dos máis relevantes veciños de Lugo"

LugoXa
Os ediles de Cultura e Infraestruturas do Concello de Lugo acudiron onte á homenaxe a Darío Xohán Cabana, en Padrón.
Acto homenaxe Darío Xohán Cabana
5 Xuño 2022

A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas desprazáronse ata Padrón, onde asistiron á homenaxe nacional a Darío Xohán Cabana, organizada pola Casa Museo Rosalía de Castro. Maite Ferreiro afirmou que “hoxe toda Galicia lembra a Darío, un dos máis relevantes veciños de Lugo, un artista, un académico, un magnífico escritor e tradutor e un gran compañeiro para todas aquelas persoas que tiveron a sorte de poder traballar con el”.

A actividade organizada pola Casa Museo Rosalía de Castro tivo lugar hoxe no Auditorio Municipal de Padrón. O acto contou coas actuacións de Fuxan os Ventos, que están a celebrar o seu 50 aniversario, O’ Leo de Matamá, o Mago Antón, Eliseu Mera e Diego Rojo, Chus Pato, Lois Pérez, Pepe Cáccamo, Antón Dobao, Xabier Cordal, Oriana Méndez, Xoán Cuba, Rosa López e Leonor Cabana.

0.15182113647461