Mañá abre o prazo de inscrición para unha nova viaxe cultural para maiores

LugoXa
Benestar Social organiza unha nova saída cultural para maiores nesta ocasión a Ponferrada. O prazo de inscrición comeza mañá
Portada saida cultural ponferrada
Portada saida cultural ponferrada
12 Mar 2023

O vindeiro 24 de marzo Benestar Social organiza unha nova viaxe cultural a Ponferrada, enmarcada na Programación de Animación Sociocultural.

Así o anunciaba a concelleira, quen explicou que a saída terá lugar o venres 24 de marzo. A xornada arrincará ás 09.30 horas dende a praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 20.00 horas. As e os veciños que participen nesta excursión municipal realizarán unha visita guiada á Fábrica da luz. Museo da Enerxía.

Esta é a terceira saída cultural do ano tras visitar Sargadelos no mes de xaneiro e, o Museo Municipal Etnográfico e o Museo Xeolóxico en Quiroga.

A cidadanía interesada en asistir poderá apuntarse os días 13, 14, 15 e 16 de marzo. Ao igual que na saída anterior, o día 13 só se poderán apuntar as persoas que non participaron en ningunha das saídas anteriores.

A inscrición farase por rigorosa orde ata completar a capacidade do autobús, nos centros de convivencia Maruja Mallo, Milagrosa ou Uxío Novoneyra, en horario das 10.00 ás 13.00 h.

As persoas que desexen partidipar deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603.

cartel saida ponferrada
0.17412519454956