Marcos Sánchez, novo xogador do Lugo

LugoXa
O defensa, internacional sub-16 e sub-19 coa Selección Española, desenvolveu a súa formación na canteira do Vilarreal CF
Marcos-Sánchez
Marcos-Sánchez
5 Xul 2024

O CD Lugo e Marcos Sánchez chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo xogador do primeiro equipo da entidade. Sánchez (Vilareal,2003), desempéñase como lateral dereito, e chega ao conxunto lucense como unha aposta nova de valor. O defensa, internacional sub-16 e sub-19 coa Selección Española, desenvolveu  a súa formación na canteira do Vilarreal CF, desde categorías inferiores ata debutar co filial do submarino amarelo na tempada 23-24 en LaLiga Hypermotion.

O mozo lateral tamén participou durante a 21-22 na UEFA Youth League, competición que reúne a algúns dos mellores xogadores en idade xuvenil do fútbol europeo, e chegou a debutar en partido amigable co primeiro equipo amarelo. Marcos Sánchez asina por unha tempada, e a data a súa presentación será anunciada proximamente.

0.1934928894043