Margot Pardo de Vera presentou en Lugo a súa primeira novela 'Escudo, lanza y melancolía'

O Círculo das Artes de Lugo acolleu a presentación de ‘Escudo, lanza y melancolía’, a primeira novela de Margot Pardo de Vera.
A presentación incluíu tamén un coloquio sobre procesos creativos, no que participaron a propia autora; Enrique Otero, director de cine, guionista e produtor; e Nicolás Ravelli, pianista e director da Xove Orquestra de Lugo Terranova, que ofreceu ademais un recital acompañado da voz da mezzosoprano Julia Portela.
Pardo de Vera é filóloga e docente, e actualmente traballa impartindo clases de Lingua Castelá, Lingua Galega, Literatura Universal e Oratoria nun centro educativo de Lugo. Ao mesmo tempo realiza traballos puntuais como correctora e editora de textos e colabora como speaker e presentadora en eventos locais.