María José Gómez presenta a candidatura do PP á Alcaldía de Guntín
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda asistiu á presentación da candidatura coa que o PP de Guntín concorre ás eleccións municipais e ao que asistiron máis de 300 persoas.
Rueda amosouse convencido de que, con María José Gómez como alcaldesa, o vindeiro 28 de maio Guntín “será máis azul e máis popular que nunca” porque “as cousas fixéronse ben e así seguirán facéndose”.
“Hai catro anos as cousas fixéronse especialmente ben cando Jesús Carreira soubo facer un relevo gañador”, afirmou agradecendo ao exalcalde e presidente de honra do PP de Guntín a súa labor durante case tres décadas.
Sobre a candidata, asegurou que “María José é unha muller todo terreo que é alcaldesa, mestra, nai e por enriba de todo unha namorada de Guntín” e que por iso merece seguir recibindo o apoio dos seus veciños.
Alfonso Rueda puxo a Guntín como exemplo dese rural galego que, sen perder as súas tradicións e sen renunciar ao seu pasado, sempre mira ao futuro e aposta por mellorar a calidade de vida dos seus veciños.
“Desde a Xunta estamos facendo moitas cousas e faremos aínda máis da man de María José para que en Guntín siga vivíndose ben e se poida vivir mellor se cabe”, engadiu ao tempo que poñía en valor o coñecemento e a xestión da candidata e actual alcaldesa.
Sobre a romaría popular organizada onte no Pino, o líder do PPdeG contrapuxo que mentres Alberto Núñez Feijóo está sempre arroupado e rodeado de xente cando vén a Galicia, Pedro Sánchez “ten que entrar pola porta de atrás”.
Nesta liña, pediulle ao presidente do Goberno máis “responsabilidade” cando pensa que Galicia “non paga a pena” e cando se sorprende de que Alberto Núñez Feijóo fose presidente do Goberno galego durante máis dunha década: “Que veña a Galicia e a sitios como Guntín para entendelo e ver o apoio que ten o PP”.
MARÍA JOSÉ GÓMEZ
A candidata puxo en valor ao seu equipo, que considera “representativo da realidade do municipio” e no que ten un peso importante, ao igual que en Guntín, o sector gandeiro: 9 membros da lista son titulares de explotacións e a propia Maria José Gómez ten unha gandaría de leite.
Asegurou que se trata dunha lista pensada para gobernar e para traballar por e para Guntín con experiencia, ganas, enerxía, honestidade e humildade.
“Comprometémonos a seguir gobernando na liña na que temos traballado estes catro anos pero, se cabe, con máis experiencia, chegando a cada veciño, escoitando as súas necesidades e apostando por seguir mellorando as condicións de vida no rural”, engadiu.
Entre os obxectivos do seu programa atópanse seguir mellorando as infraestruturas e os servizos no ámbito social, así como apostar polo emprego, a cultura, o deporte e as actividades de ocio e tempo libre.
LISTA COMPLETA DO PP DE GUNTÍN
- María José Gómez Rodríguez (Pradedo de Abaixo)
- Verónica Vilela Coto (Entrambasaguas)
- Vidal López Rodríguez (Pradedo de Arriba)
- Olga López García (Mosteiro)
- José Vázquez Barreiro (Santa María de Ferrol)
- Teresa Estévez López (Pradeda)
- José Luis López Fernández (Mougán)
- Juan Carlos López López (Santiago de Ferroi)
- Ángel Pérez Rodríguez (Santa Cruz da Retorta)
- José Alberto López Quiroga (Castelo)
- María Lamazares Álvarez (Lamela)
SUPLENTES
- José Manuel Rodríguez García (Piñeiras)
- María Begoña Pérez López (O Picato)
- Alejandro González Barrio (Entrambasaguas)
- Antonio Rodríguez Gandoy (Grolos)
- José Manuel Blanco Santos (Vilameá)