'María Solinha' estréase este domingo en Lugo en autocine
LugoXa
A proxección farase ás 19:45 horas na explanada do Pazo dos Deportes. Poderán acceder cen coches e a entrada é gratuíta
13 Mar 2021
Unha proposta cultural para esta fin de semana en Lugo é unha sesión de autocine.
Con motivo do 8M, o Concello promove a proxección da película 'María Solinha', do director Ignacio Villar. Será mañá, domingo 14 de marzo, ás 19:45 horas na explanada do Pazo dos Deportes.
O acceso farase pola Avenida de Madrid a partir das 18.45 horas e ao recinto poderán acceder un total de cen vehículos. Tamén haberá un espazo acotado para bicicletas.
As entradas poden reservarse, de balde, a través da web www.autocine.gal.