Marisol Bravos galardoada co primeiro Premio José Castiñeira de Humanidades

LugoXa
O galardón concédese a Bravos polo labor de toda unha vida a prol das persoas con diversidade funcional
marisol-bravos
22 Out 2024

Marisol Bravos López obtén o primeiro Premio José Castiñeira de Humanidades convocado polo Orfeón Lucense en memoria do seu fundador, en colaboración coa Diocese de Lugo, a Catedral lucense e a Familia Castiñeira. O premio está destinado honrar a persoas ou institucións que se distingan polo seu labor humanístico, a prol da convivencia social e na mellora das relacións humanas. O galardón concédese a Bravos polo labor de toda unha vida a prol das persoas con diversidade funcional, da superación de todo tipo de barreiras físicas ou sociais, dando exemplo permanente de integración e abrindo camiños que centos de persoas poden percorrer libremente nun mundo máis grande e máis humano.

O premio, consistente nunha placa, será entregado no claustro da Catedral de Lugo o domingo, 27 de outubro, inmediatamente despois da celebración ás 13.00 horas do cabodano do P. Castiñeira, e antes da ofrenda que tradicionalmente se celebra diante da súa tumba. Foi concedido por unamidade do xurado. Entre os seus membros estaban Mario Vázquez, den da Catedral e Vicario Xeral do Bispado; Jesús Salvador, director de Patrimonio Cultural da Diocese e Luis Varela, prefecto de música e párroco do Sagrado Corazón, en representación da Familia Castiñeira. Por parte do Orfeón Lucense, estaban Beatri Enríquez, secretaria; Jesús Conde, vicepresidente e Xulio Giz, presidente,
despois de estudar as trece candidaturas propostas por institucións e particulares.

0.15819883346558