Marta Martínez acada o sétimo posto na Liga Nacional de Kárate en Elche

Marta Martínez Pérez, integrante da Escola de Karate Dajankai de Lugo, rematou na sétima posición na categoría de Kata Senior Feminino durante a sexta xornada da Liga Iberdrola de Kárate, disputada o pasado domingo 25 de outubro no pavillón Sara Marín y María Díez de Elche, en Alacant.
A competición, organizada pola Real Federación Española de Kárate e a Federación de Kárate da Comunidade Valenciana, congregou algunhas das principais representantes desta disciplina a nivel estatal, entre elas deportistas con experiencia internacional. Neste esixente contexto, Martínez completou unha boa actuación que lle permitiu rematar entre as oito primeiras clasificadas.
Desde a Escola de Karate Dajankai valoraron tanto o resultado como a progresión da karateka, que se incorporou ao club hai apenas uns meses. "Estamos moi contentos co traballo de Marta. Leva pouco connosco e xa se nota unha evolución moi clara. Este resultado é un estímulo para seguir medrando xuntos", sinalaron desde a dirección técnica.
A entidade lucense tamén contou coa presenza de Jana González, coach nacional, que acompañou a deportista durante o desenvolvemento da competición.
Esta participación reforza a presenza da Escola de Karate Dajankai nos principais encontros do calendario estatal e a súa aposta polo kárate competitivo.