Marwán ofrece un concerto no Círculo das Artes de Lugo este sábado

LugoXa
Forma parte do ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos 2024, que presenta música en acústico en espazos singulares e acompañada de propostas gastronómicas
Presentación-concerto-Marwán-Lugo
29 Nov 2024

A Xunta de Galicia participa no patrocinio do ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos 2024, que se pechará o sábado, día 30, co concerto de Marwán no Círculo das Artes de Lugo.

Na presentación da cita participaron o delegado territorial, Javier Arias; o presidente da sociedade recreativa, Miguel Caraduje; Alberto Alfonso en representación de Artmusic, e Iago de la Iglesia, xestor comercial de Cervexas Alhambra.

O proxecto presenta música en acústico en espazos singulares e acompañada de propostas gastronómicas. Comezou a andaina o 16 de novembro con Carlos Sadness en Vigo, e nos últimos días actuaron tamén María José Llergo na Coruña e Muchachito Bombo Infierno en Santiago de Compostela.

Marwán chega a Lugo coas entradas esgotadas; é un referente da música de autor e está de xira co seu disco '20 Aniversario', no que reinterpreta os temas do seu traballo 'El viejo boxeador'. O apunte gastronómico chega da man das tapas do chef Rafa Centeno, do restaurante Vértigo.

0.17393207550049