Mazaille, en Baralla, celebra a súa festa o 6 de setembro con música, gastronomía e actividades

LugoXa
A programación inclúe sesións musicais, degustación de xamón, churrascada popular e exhibición de tallas en madeira
Festas-en-Mazaille-Baralla
17 Aug 2025

A parroquia de Mazaille, no municipio de Baralla, vivirá o sábado 6 de setembro unha intensa xornada festiva que combinará música, gastronomía e tradición.

As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú a cargo de Airiños do Neira, seguida da actuación do grupo Punto Clave ás 14:00 horas.

Tamén estará o artesán Eugenio Linares, que ofrecerá unha exhibición de tallas en madeira realizadas con motoserra, e o público poderá gozar dunha degustación de xamón de porco celta.

Pola tarde, a partir das 21:00 horas, o escenario acollerá a sesión musical de Dani Pardo, antes da churrascada popular gratuíta prevista para as 22:00 horas, para a que é necesaria reserva previa antes do 4 de setembro.

A xornada culminará ás 00:00 horas coa verbena a cargo do grupo Punto Clave e o Trío Merengue, baixo unha carpa instalada no campo cuberto para garantir o desfrute da festa independentemente das condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.17997884750366