Medallas de ouro e bronce para Monforte e Lugo nos campionatos galegos cadetes de voleibol

LugoXa | RibeiraSacraXa
Na masculina, o Emevé quedou primeiro e o Korbis, terceiro, mentres que na feminina, disputada en Monforte, Ribeira Sacra e Korbis tiveron que conformarse coa terceira e cuarta praza
emeve-cadetee-masculino-campion-galego
19 Apr 2026

Esta fin de semana celebrouse o Campionato Galego de Voleibol na categoría cadete para os equipos femininos e masculinos. As primeiras disputaron a final a catro en Monforte, na Pinguela, e os segundos fixérono na Cachada, en Boiro.

Os títulos chegaron en forma de medalla de ouro na masculina para o Emevé, que superou ao Dumbría na semifinal con un axustado 0-3, pero que na final superou ao Boiro por 1-3 pero con marcadores máis cómodos.

O Korbis tivo que contentarse coa medalla de bronce, logo de perder a semifinal co Boiro (3-1) pero logo gañou ao Dumbría por 3-0. Ademais, o título do mellor xogador do torneo foi para o lugués Rodrigo Vigo.

A final a catro feminina disputouse en Monforte, onde o alcalde, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregou o trofeo ás xogadoras do equipo CV Ciudad de A Coruña, que se proclamou vencedor na final no Pavillón da Pinguela.

A final enfrontou desde as 18.30 horas ao Ciudad de A Coruña co Liceo La Paz, tamén de A Coruña, logo de gañar as semifinais pola mañá contra o CV Ribeira Sacra e o CD Korbis, respectivamente. O Cidade A Coruña, que xa foi campión da Liga, fíxose co partido no cuarto set.

Pola súa banda, os dous equipos monfortinos disputaron a final polo terceiro posto, que caeu do lado do Ribeira Sacra por 1-3.

O alcalde entregou tamén o trofeo á mellor xogadora do Campionato, que foi para a integrante do Cidade A Coruña Martina Mesejo.

Antes da entrega de trofeos e medallas a cargo do rexedor e do Concelleiro de Deportes, o CV Ribeira Sacra quixo facer o un recoñecemento especial ás xogadoras Mónica Rodríguez e Ana López, que foron cofundadoras do club, e a Noelia Sánchez e Jennifer Mendoza, xogadoras da élite do volei e integrantes da Selección Española. Así mesmo, renderon tamén homenaxe a José Luis Sánchez, que foi presidente do equipo.

 

0.11950612068176