Medio Ambiente de Ribadeo pide civismo á veciñanza

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, pide máis conciencia, máis xenerosidade social e máis civismo á veciñanza.
Campos e Dorado durante a sinatura do convenio entre a Deputación e ACRUGA.
5 Xuño 2020

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, pide máis conciencia, máis xenerosidade social e máis civismo á veciñanza. O edil criticou o comportamento das persoas que a pasada fin de semana acudiron á área recreativa de Santa Cruz e deixaron espallado pola zona o lixo que xeraron. Díaz Freije asegura que si estas condutas non se corrixen “haberá que tomar medidas”.

O edil ribadense declarou que “esta fin de semana pasada houbo unha falta de civismo por parte de certa xente na área recreativa de Santa Cruz, un sitio precioso. Houbo xente que espallou todo o residuo que xerou, incluso guindando bolsas nas árbores”.

Jorge Díaz manifestou que “desde o Concello pode que non cheguemos a todos os lugares ao mesmo tempo, pero dáse a casualidade de que esa área estaba perfectamente accesible e desbrozada para o uso lúdico e público. Desde logo estou bastante desgustado con ese tipo de accións. O Concello, dentro das súas limitacións, chega a onde pode chegar tarde ou cedo, pero estase a traballar”.

O concelleiro de Medio Ambiente dixo que “non vexo sentido a este tipo de actos. Isto non é cousa de que haxa máis ou menos plantilla, senón que é cuestión de que todos temos que apoiar. É algo que ten que saír de cada un. Non podemos andar nestas alturas espallando todo por aí. Eu creo que hai que tomar máis conciencia social, máis xenerosidade social e moito máis civismo porque senón teremos que tomar outro tipo de medidas”.

Díaz Freije sinalou que “agora na fase 3, é unha desescalada un pouco máis light, que vai deixar facer outras cousas que non facíamos, eu volvo solicitar a cooperación máxima. Sen isto non podemos, non hai maneira de avanzar. Simplemente solicitamos ese apoio. Si se teñen que tomar medidas doutro tipo teremos que facelo. Non nos gusta, pola miña parte non me gustaría facer iso e volvo chamar á cooperación e a ese civismo que necesitamos para que todo siga ben”. 

0.090847969055176