Medio Ambiente inicia a recollida dos abetos da campaña Nadalmente Lucense para replantalos

LugoXa

A concellería de Medio Ambiente iniciou a recollida dos abetos de Nadal que se entregaron aos comerciantes adscritos na estratexia Localmente Lucense  co propósito de que “estes poidan continuar a súa vida unha vez que os replantemos, permanecendo baixo os coidados dos xardineiros municipais”, sostivo o concelleiro Miguel Fernández.

11 ene 2023

Os operarios da empresa adxudicataria comezaron a percorrer xa os diferentes establecementos onde se entregaron ás arbores para recollelas. Coa súa distribución, o Concello buscou, no marco da campaña Nadalmente Lucense, fomentar o negocio de proximidade nestas datas, facendo os establecementos máis agradables cunha decoración natural e típica do Nadal, seguindo o modelo de cidade verde e sostible no que se está a traballar .

O concelleiro lembrou que se procederá á recollida de abetos naqueles comercios que non desexeron quedarse con eles unha vez pasadas as festas. Unha vez finalizada a recollida, Medio Ambiente plantará as árbores nunha parcela municipal no Ceao.