Melloran o firme da LU-221 ao seu paso por Monterroso

LugoXa
Está previsto que as obras rematen nos vindeiros días
LU221-monterroso
2 Out 2024

A Xunta de Galicia leva a cabo estes días a mellora do firme da LU-221 ao seu paso por Monterroso. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, comprobou o estado das obras da LU-221 no seu tramo comprendido entre o pq 0+000 e o 0+660, tras aprobar no Pleno do mes de xuño unha proposta de Alcaldía para a cesión á Xunta deste tramo, para que se ocupe de financiar as obras e non teñan que facelo así as arcas municipais. Está previsto que as obras rematen nos vindeiros días, sempre e cando as condicións meteorolóxicas permitan seguir traballando na vía.

0.09658408164978