Melloran os camiños no Picato, en Guntín

O Concello de Guntín continúa a acometer melloras nas distintas parroquias do municipio e nos camiños que son tamén de titularidade municipal. Nas últimas semanas levaron a cabo traballos nos accesos á Ponte Cabalar e tamén na parroquia do Picato.
Estas obras súmanse ás actuacións nos camiños e nas pistas de Nogueiras, Fontao, na Horta, en Arriba de Ferroi, no asfaltado e na canalización no núcleo de Constante e na mellora do acceso ao núcleo de Lousadela. Dende o Goberno local apostan así por labores de mellora e acondicionamento do firme para facilitar a vida da veciñanza das súas 31 parroquias.