Membros do padroado do Museo do Pobo Galego visitan Lugo

LugoXa
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, recibiu a un grupo de membros do padroado do Museo do Pobo Galego nunha visita a Lugo.
Visita Museo Pobo Galego
22 Maio 2022

Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo, recibiu onte no Museo de Lugo a un grupo de membros do padroado do Museo do Pobo Galego, que este sábado realizaron unha viaxe guiada a Lugo. A visita ás salas e ao claustro do Museo de Lugo foi parte dun itinerario, con outros puntos de interese patrimonial, histórico e artístico da cidade nos que tamèn se detiveron como a Domus de Mosaicos, o conxunto da Porta Miñá, a Casa do Mitreo, a Catedral ou o Vello Cárcere.

A Vicepresidencia da Deputación segue así a reforzar os lazos co Museo do Pobo Galego, que recibe da área de Cultura unha achega anual de 15.000 euros para contribuír ao funcionamento e actividade do Museo, centrada en investigar, conservar, divulgar e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos.

0.18633699417114