Merenda terrorífica de Samaín en Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
30 Out 2019

A asociación xuvenil Mondoñedo, en colaboración co Concello, invita a participar dun Samaín ata o día 2 de novembro, no que haberá unha merenda terrorífica a partir das 16 horas na casa da xuventude.

Nesa cita os participantes divertiranse coa maquillaxe, mentres merendan. A organización solicita que cada un traia algo de comer da casa para que haxa para todos.

A festa mindoniense comezou o 29, segue o 30 e o 31, cun obradoiro de decoración nomeadamente de cabazas, para nenos a partir de catro anos de idade que se desenvolve ás 20 horas na casa da xuventude.

0.20166301727295